Xa o venres 26 na xornada de mañá contamos de novo coa presenza de Isidro F. Aguillo, inaugurando a Xornada coa ponencia “Normalización da normalización na avaliación de autores e institucións” e falándonos das desviacións que se fan do Factor de Impacto e as falsas normalización dos cuartís, con coberturas sesgadas de revistas e segregacións e da solución de utilizar outras fontes bibliométricas.Isidro.jpg

Tras a inauguración oficial e o saúdo do Excmo. Sr. Jesús Vázquez Almuiña, Conselleiro de Sanidade continuamos cos ponentes da mesa.Conselleiro.jpg

A seguinte intervención foi a de Juan Medino, falando de “Bibliobaremo: unha proposta concreta desde BiblioMadSalud”. Bibliobaremo é un documento de recomendacións incluíndo unha proposta de baremo bibliográfico-investigador consensuado por profesionais expertos bibliotecarios de ciencias da saúde, e posto a disposición das organizacións para a redacción desa sección das convocatorias públicas…Juan Medino.jpg

Continuamos con Ángel Alfredo Martínez Ques da EOXI de Ourense, falándonos do “Impacto e repercusión das publicacións da enfermaría española” , explicando a problemática concreta dos investigadores e as revistas desta disciplina e abogando por avaliar non só a cantidade se non a calidade da investigación producida. Angel Alfredo.jpg

Tras unha pausa para o café, continuamos a mesa coas intervencións de Marisa Alonso da biblioteca do Hospital Virgen de la Salud de Toledo, quen nos ilustrou sobre indicadores de rendimento bibliotecario, as normas ISO e algúns exemplos de aportacións e medidas do impacto das bibliotecas hospitalarias nas súas organizacións e os seus valores de impacto sociais e económicos ou retornos de inversión. Marisa.jpg


Rematamos as intervencións da mesa con Alejandro Pazos Sierra da UDC, quen nos ensinou todo o proceso sobre as dificultades das patentes na universidade falando de “Proxectos de I+D+i en Ciencias da Saúde e TIC: problemas de rexistro de titularidade e patentes dos resultados” e con Esperanza Rodríguez Cabo quen contounos como se levou a cabo o proceso de automatización da baremación dos procesos de selección e provisión no Servizo Galego de Saúde, destacando as súas vantaxes e desvantaxes. Esperanza.jpg


Tras un intenso e controvertido debate, e achegándonos ao final da xornada, celebramos a década de vida da Biblioteca virtual Bibliosaúde, con Pilar Gayoso Diz, Rosa Monteagudo Romero e Carlos González Guitián, repasando os inicios e a consolidación do proxecto, sen olvidarnos dos nosos usuarios que

gravaron un vídeo para conmemorar a data. mesa 10 años.jpg