p.jpg

 
A titular da carteira sanitaria do Goberno galego destacou a importancia da biblioteca virtual (Bibliosaúde), como reflicten os máis de 14.600 usuarios rexistrados e a descarga de máis de medio millón de artigos. Esta ferramenta permite garantir o acceso dos profesionais do sistema á documentación científica de calidade contrastada. Os profesionais valoran moito Bibliosaúde e son conscientes de que detrás da súa xestión hai moitísimo esforzo, -remarcou-.
 
A posibilidade de contar cun medio de difusión do coñecemento para avanzar na práctica sanitaria é fundamental. As revistas científicas son unha especie de rexistro de innovacións e os científicos publican para dar a coñecer uns determinados avances e, deste modo, os profesionais están ao tanto das últimas novidades no seu campo.
 
Sen dúbida, -subliñou-, a difusión de Internet supuxo a transformación total dos modelos tradicionais da comunicación científica e favoreceu a aparición de novos tipos de comunicación. Estes novos modelos están a incrementar a posibilidade de transferencia de dita comunicación, así como a colaboración na investigación e a diseminación de resultados.
Para rematar, a conselleira destacou o labor das publicacións científicas de ámbito autonómico.
Tras o acto de inauguración, a IV Xornada Bibliosaúde continuou coas seguintes ponencias:

  • Novos sistema de publicación: Cara onde imos?
Javier González de Dios - Xefe de Servizo de Pediatría en Hospital Xeral Universitario de Alacante. Co-director da Revista Evidencias en Pediatría en Asociación Española de Pediatría
 
 
 
 
 
  • Sistemas de avaliación da produción

Gualberto Buela Casal - Catedrático de Avaliación Psicolóxica. Universidad de Granada. Editor asociado de International Journal of Clinical Health Psychology e European Journal of Psychology Applied to Legal Context

 

  • Os dereitos de autor: a cesión de dereitos e as licenzas Creative commons

Manuel Botana Agra - Catedrático de Dereito Mercantil. Universidade de Santiago de Compostela

 

 

  • O papel dos revisores na publicación científica.

Javier Muñiz García - Secretario de Instituto Universitario de CC. Da Saúde. Universidade da Coruña

 

  • As revistas galegas en Ciencias da Saúde: Situación actual e perspectivas de futuro.

Arturo González Quintela - Revista Galicia Clínica

Miguel Angel Talavera - Revista TOG Galicia

 

                                                                                logoBibliosaude.png