Nalgún momento das súas vidas, os profesionais que realizasen algún tipo de investigación, rematarán o devandito proceso coa redacción dun manuscrito para a súa publicación nunha revista científica.
 
O proceso de escoller en que revista publicar pode non resultar sempre sinxelo. Son varios os factores que un autor ha de ter en conta para escoller a publicación á que enviar o documento: a idoneidade dos temas tratados na publicación e as súas materias afíns; o factor de impacto ou a popularidade da revista; a súa difusión en bases de datos; o nivel de visibilidade do artigo e modelo de publicación, en acceso aberto ou acceso por subscrición á revista; o tempo de espera para a revisión, aceptación do artigo e posterior publicación; versión imprimida ou versión en internet; público e especialidade sanitaria ao que se dirixe a revista, editorial comercial ou colexio profesional, etc.
Co desenvolvemento de internet e as novas tecnoloxías, foron aparecendo unha serie de programas que teñen en común o seu obxectivo: axudar a escoller de forma automatizada a mellor revista para publicar sobre un determinado tema.
Introducindo un título, un resumo ou unhas palabras clave, estes sistemas establecen unhas puntuacións ponderadas e clasifican os resultados das revistas máis idóneas de maior a menor xeralmente.
Vexamos 6 programas deste tipo e as súas principais características:

 

Título
URL
Características
JANE: Journal/author name estimator
Escribindo un título ou un resumo na caixa e picando a continuación sobre as pestanas "Encontrar revistas", "Encontrar autores" ou "Encontrar artigos", JANE comparará coa base de datos Medline e devolverá resultados similares ao teu artigo e as revistas onde se publicaron outros parecidos na súa temática. Tamén resultará útil para editores que necesiten buscar revisores sobre un tema, por exemplo.
JournalGuide
Ferramenta en fase beta, tamén gratuíta, creada por un grupo de desenvolvedores de software, antigos investigadores e veteranos da publicación académica "Research Square". O seu obxectivo é agrupar todas as fontes de datos nun só punto para axudar aos investigadores a escoller a mellor revista para publicar os resultados do seu traballo.
A súa función "Paper Match", permite introducir un título, un resumo ou palabras clave e filtrar por un rango de impacto, un límite de anos, modelo de acceso aberto, indexadas en SCI, e verificar a súa reputación.
Permite o rexistro gratuíto para compartir coa comunidade as túas revistas favoritas e as túas cualificacións ou gardar as túas buscas. A función Scramble está dispoñible para disfrazar o contido das túas buscas, se te preocupa o seu almacenamento ao ser traballados non publicados.
Edanz Journal Selector
Producido polo "English editing for scientist". Como socios editores de Edanz figuran Springer, American Institute of Physics, Biomed Central,
Taylor & Francis, British Medical Journal e American Chemical Society. Hai que introducir o resumo ou unha descrición do artigo e permite limitar por revistas con FI e acceso aberto
Journal Selector
Restrinxe ás revistas da Base de datos de Cofactor Journal Selector (Editores e consultores independentes). Utiliza 5 criterios xerais, que á súa vez se despregan en máis opcións. Os criterios principais son: Materia, Revisión por pares, Acceso aberto, Velocidade de aceptación e publicación, e Otros. Difire do resto en que non funciona coa comparación de resumo, título ou descriptores, se non na selección de criterios requiridos.
Springer Journal Selector
Restrínxese ao grupo de revistas da editorial Springer. Utiliza tecnoloxía semántica. Pegando no cadro o resumo, ou unha descrición do artigo, ou unha mostra do texto, ofrecerá unha lista de revistas relevantes. Permite refinar resultados marcando se se queren revistas con FI e/ou revistas de acceso aberto
Elsevier Journal Finder
Restrínxese ao grupo de revistas da editorial Elsevier. Utiliza tecnoloxía de busca intelixente. E vocabularios específicos dos campos de investigación. Hai que introducir o título e o resumo da investigación. Permite refinar por campos específicos da investigación e limitar se se desexa a revistas de acceso aberto ou con seccións de acceso aberto.
 
jane.png

Fig. 1. JANE
 
journalguide.png



Fig. 2. JournalGuide
 
edanz.png

 
Fig 3. Edanz Journal Selector
 
JS.png



Fig. 4 Journal Selector  
 
elsevier.png



Fig. 5. Elsevier Journal Finder
 
springer.png

 
Fig.6. Springer Journal Selector
 
Bibliografía:
1.     Cañedo Andalia R, Nodarse Rodríguez M. ¿Sabe usted como escoger la revista en la que publicará su próximo artículo? Jane/Author Name Estimator puede ayudarlo. ACIMED. 2009; 20(4): 84-92. Disponible en:  http://scielo.sld.cu/pdf/aci/v20n4/aci071009.pdf
2.     Píldoras. Dónde publicar un caso muy interesante. [Blog en Internet]. Disponible en : http://mariamontanavivas.wordpress.com/2011/04/20/%C2%BFdonde-puedo-publicar-un-caso-muy-interesante%E2%80%A6/
3.     Usalbiomédica. ¿Dónde publicar? Algunas herramientas útiles para investigadores [Blog en Internet]. Disponible en: http://usalbiomedica.wordpress.com/2014/10/15/donde-publicar-algunas-herramientas-utiles-para-investigadores/
BTicon.png