Conferencias (prema para ver os vídeos):

 

M. Francisca Abad García: Aportación dos Estudos Métricos de Producción Científica á Xestión da Investigación Universitaria

20140328  Presentación Sophos 1.jpg

Neste foro, a conselleira resaltou que a Biblioteca virtual do sistema público de saúde de Galicia (Bibliosaúde), en colaboración coa Subdirección de Investigación, Docencia e Innovación do Servizo Galego de Saúde, vén de desenvolver unha ferramenta electrónica denominada Sophos, que servirá, cando entre en funcionamento, para medir a actividade científica de todos os investigadores da Consellería de Sanidade e do Sergas.
 
Segundo Rocío Mosquera, Sophos será moi útil tanto para o persoal investigador como para o xestor sanitario. Así, ao persoal investigador lle permitirá coñecer a súa actividade, en qué revistas se publica, as redes de colaboración, así como saber os indicadores que miden a calidade e, deste xeito, poder realizar unha autoavaliación. Pola súa banda, para os xestores será un bo instrumento de planificación, seguimento e avaliación da investigación, permitindo a identificación de grupos de excelencia, o análise da colaboración e a detección de áreas fortes e aquelas que hai que reforzar no sistema investigador de ciencias da saúde na nosa Comunidade.
 
Tal e como remarcou a conselleira, no caso do sistema sanitario público de Galicia, a investigación, o desenvolvemento e a innovación se atopan integradas na estratexia de xestión do coñecemento, un dos eixos da Consellería de Sanidade e do Sergas. Nós tamén necesitamos a introdución de políticas de avaliación asociadas á investigación como peza fundamental da súa xestión,  -dixo Rocío Mosquera-, quen subliñou, tamén, que é o momento de contar con fontes de información sobre a actividade científica o suficientemente fiables, veraces e normalizadas para a posterior elaboración de indicadores.
Sinalar, así mesmo, que o número de artigos publicados por profesionais da sanidade pública galega foi de 1.289 en 2011 e de 1.435 en 2012, estando actualmente en avaliación a actividade neste campo referida ao 2013.
  
Repercusión na Prensa:
 
Fotos da Xornada:
20140328  Presentación Sophos 2.jpg
 

 

20140328  Presentación Sophos 3.jpg
 
 20140328  Presentación Sophos 4.jpg