Nalgún momento das súas vidas, os profesionais que realizasen algún tipo de investigación, rematarán o devandito proceso coa redacción dun manuscrito para a súa publicación nunha revista científica.
O proceso de escoller en que revista publicar pode non resultar sempre sinxelo. Son varios os factores que un autor ha de ter en conta para escoller a publicación á que enviar o documento: a idoneidade dos temas tratados na publicación e as súas materias afíns; o factor de impacto ou a popularidade da revista; a súa difusión en bases de datos; o nivel de visibilidade do artigo e modelo de publicación, en acceso aberto ou acceso por subscrición á revista; o tempo de espera para a revisión, aceptación do artigo e posterior publicación; versión imprimida ou versión en internet; público e especialidade sanitaria ao que se dirixe a revista, editorial comercial ou colexio profesional, etc.
Co desenvolvemento de internet e as novas tecnoloxías, foron aparecendo unha serie de programas que teñen en común o seu obxectivo: axudar a escoller de forma automatizada a mellor revista para publicar sobre un determinado tema.
Introducindo un título, un resumo ou unhas palabras clave, estes sistemas establecen unhas puntuacións ponderadas e clasifican os resultados das revistas máis idóneas de maior a menor xeralmente.
Vexamos 6 programas deste tipo e as súas principais características:
Título |
URL |
Características |
JANE: Journal/author name estimator |
|
Escribindo un título ou un resumo na caixa e picando a continuación sobre as pestanas "Encontrar revistas", "Encontrar autores" ou "Encontrar artigos", JANE comparará coa base de datos Medline e devolverá resultados similares ao teu artigo e as revistas onde se publicaron outros parecidos na súa temática. Tamén resultará útil para editores que necesiten buscar revisores sobre un tema, por exemplo. |
JournalGuide |
|
Ferramenta en fase beta, tamén gratuíta, creada por un grupo de desenvolvedores de software, antigos investigadores e veteranos da publicación académica "Research Square". O seu obxectivo é agrupar todas as fontes de datos nun só punto para axudar aos investigadores a escoller a mellor revista para publicar os resultados do seu traballo.
A súa función "Paper Match", permite introducir un título, un resumo ou palabras clave e filtrar por un rango de impacto, un límite de anos, modelo de acceso aberto, indexadas en SCI, e verificar a súa reputación.
Permite o rexistro gratuíto para compartir coa comunidade as túas revistas favoritas e as túas cualificacións ou gardar as túas buscas. A función Scramble está dispoñible para disfrazar o contido das túas buscas, se te preocupa o seu almacenamento ao ser traballados non publicados. |
Edanz Journal Selector |
|
Producido polo "English editing for scientist". Como socios editores de Edanz figuran Springer, American Institute of Physics, Biomed Central,
Taylor & Francis, British Medical Journal e American Chemical Society. Hai que introducir o resumo ou unha descrición do artigo e permite limitar por revistas con FI e acceso aberto |
Journal Selector |
|
Restrinxe ás revistas da Base de datos de Cofactor Journal Selector (Editores e consultores independentes). Utiliza 5 criterios xerais, que á súa vez se despregan en máis opcións. Os criterios principais son: Materia, Revisión por pares, Acceso aberto, Velocidade de aceptación e publicación, e Otros. Difire do resto en que non funciona coa comparación de resumo, título ou descriptores, se non na selección de criterios requiridos. |
Springer Journal Selector |
|
Restrínxese ao grupo de revistas da editorial Springer. Utiliza tecnoloxía semántica. Pegando no cadro o resumo, ou unha descrición do artigo, ou unha mostra do texto, ofrecerá unha lista de revistas relevantes. Permite refinar resultados marcando se se queren revistas con FI e/ou revistas de acceso aberto |
Elsevier Journal Finder |
|
Restrínxese ao grupo de revistas da editorial Elsevier. Utiliza tecnoloxía de busca intelixente. E vocabularios específicos dos campos de investigación. Hai que introducir o título e o resumo da investigación. Permite refinar por campos específicos da investigación e limitar se se desexa a revistas de acceso aberto ou con seccións de acceso aberto. |

Fig. 1. JANE
Fig. 2. JournalGuide
Fig 3. Edanz Journal Selector

Fig. 4 Journal Selector

Fig. 5. Elsevier Journal Finder
Fig.6. Springer Journal Selector
Bibliografía:
1. Cañedo Andalia R, Nodarse Rodríguez M. ¿Sabe usted como escoger la revista en la que publicará su próximo artículo? Jane/Author Name Estimator puede ayudarlo. ACIMED. 2009; 20(4): 84-92. Disponible en: http://scielo.sld.cu/pdf/aci/v20n4/aci071009.pdf
