Xa
o venres 26 na xornada de mañá contamos de novo coa presenza de
Isidro F. Aguillo, inaugurando a Xornada coa ponencia “Normalización
da normalización na avaliación de autores e institucións” e
falándonos das desviacións que se fan do Factor de Impacto e as
falsas normalización dos cuartís, con coberturas sesgadas de
revistas e segregacións e da solución de utilizar outras fontes
bibliométricas.
Tras
a inauguración oficial e o saúdo do Excmo. Sr. Jesús Vázquez
Almuiña, Conselleiro de Sanidade continuamos cos ponentes da mesa.
A
seguinte intervención foi a de Juan Medino, falando de
“Bibliobaremo: unha proposta concreta desde BiblioMadSalud”.
Bibliobaremo é un documento de recomendacións incluíndo unha
proposta de baremo bibliográfico-investigador consensuado por
profesionais expertos bibliotecarios de ciencias da saúde, e posto a
disposición das organizacións para a redacción desa sección das
convocatorias públicas…
Continuamos
con Ángel Alfredo Martínez Ques da EOXI de Ourense, falándonos do
“Impacto e repercusión das publicacións da enfermaría española”
, explicando a problemática concreta dos investigadores e as
revistas desta disciplina e abogando por avaliar non só a cantidade
se non a calidade da investigación producida. 
Tras
unha pausa para o café, continuamos a mesa coas intervencións de
Marisa Alonso da biblioteca do Hospital Virgen de la Salud de Toledo,
quen nos ilustrou sobre indicadores de rendimento bibliotecario, as
normas ISO e algúns exemplos de aportacións e medidas do impacto
das bibliotecas hospitalarias nas súas organizacións e os seus
valores de impacto sociais e económicos ou retornos de inversión. 
Rematamos
as intervencións da mesa con Alejandro Pazos Sierra da UDC, quen nos
ensinou todo o proceso sobre as dificultades das patentes na
universidade falando de “Proxectos de I+D+i en Ciencias da Saúde e
TIC: problemas de rexistro de titularidade e patentes dos resultados”
e con Esperanza Rodríguez Cabo quen contounos como se levou a cabo o
proceso de automatización da baremación dos procesos de selección
e provisión no Servizo Galego de Saúde, destacando as súas
vantaxes e desvantaxes. 
Tras
un intenso e controvertido debate, e achegándonos ao final da
xornada, celebramos a década de vida da Biblioteca virtual
Bibliosaúde, con Pilar Gayoso Diz, Rosa Monteagudo Romero e Carlos
González Guitián, repasando os inicios e a consolidación do
proxecto, sen olvidarnos dos nosos usuarios que
gravaron un vídeo
para conmemorar a data. 