As redes Sociais de Bibliosaúde

As canles de comunicación escollidas foron:
facebook_banner.jpg
-Facebook: A través desta rede social daremos a coñecer novos recursos, avisos de baixas e altas das ferramentas subscritas na biblioteca virtual, cursos, conferencias, eventos e actividades institucionais relacionados co ámbito da saúde e a documentación ou a investigación en medicina. Promoveranse documentos de elaboración propia como os Bibliotemas (pequenos artigos moi sintéticos sobre temas de interese para a organización, como fontes de información sanitaria, xestión do coñecemento e a información, trucos informáticos, etc. Están abertos a colaboracións dos profesionais do sistema sanitario).
 Twitter-Banner-1024x385.png
-Twitter: Dende este medio difundiremos as publicacións científicas do persoal do Sergas e as publicacións da Consellería de Sanidade coa etiqueta #PublicaSergas e daremos a coñecer tamén os Bibliotemas. Tamén se informará sobre novos recursos, cursos, conferencias, eventos e actividades institucionais. Para difundir as noticias en xeral utilizaremos a etiqueta #Bibliosaude
Youtube-Banner-1024x385.png

 -Youtube: Dende este medio difundiremos guías de uso e titoriais sobre o manexo de diversas fontes de información do ámbito sanitario e temas de interese no ámbito da publicación, a escritura científica e a investigación.

 

slideshare_550x150.png

-Slideshare: É o medio de difusión utilizado para difundir documentación utilizada nos nosos cursos e talleres, presentacións e pósteres presentados en congresos e xornadas, ou documentos de elaboración propia como os Bibliotemas.

 

Pinterest.png

-Pinterest: É o medio elixido para organizar en paneis un álbum e arquivo fotográfico que recompila en imaxes a nosa historia. Conta cos seguintes paneis: Recomendamos, A historia de Bibliosaúde, Imaxes da Historia: Sanatorio Marítimo de Oza, Imaxes da Historia: Lazareto marítimo de Oza, Imaxes da historia: A Coruña, Imaxes da Historia: Ferrol, Imaxes da Historia: Santiago, Imaxes da Historia: Vigo, Imaxes da Historia: Pontevedra, Imaxes da Historia: Lugo, Imaxes da Historia: Ourense, XXV anos da historia do Sergas 1990-2015; Imaxes da Historia: Revistas sanitarias galegas, Imaxes da Historia: Libros de medicina editados en Galicia, Imaxes da Historia: Médicos na historia de Galicia, Imaxes da Historia das bibliotecas do Sergas; Imaxes da Historia: Lazareto de San Simón.

 

A todas estas ferramentas pódese acceder dende a páxina principal de Bibliosaúde.
logoBSwifi.jpg