A titular da carteira sanitaria do Goberno galego destacou a importancia da biblioteca virtual (Bibliosaúde), como reflicten os máis de 14.600 usuarios rexistrados e a descarga de máis de medio millón de artigos. Esta ferramenta permite garantir o acceso dos profesionais do sistema á documentación científica de calidade contrastada. Os profesionais valoran moito Bibliosaúde e son conscientes de que detrás da súa xestión hai moitísimo esforzo, -remarcou-.
A posibilidade de contar cun medio de difusión do coñecemento para avanzar na práctica sanitaria é fundamental. As revistas científicas son unha especie de rexistro de innovacións e os científicos publican para dar a coñecer uns determinados avances e, deste modo, os profesionais están ao tanto das últimas novidades no seu campo.
Sen dúbida, -subliñou-, a difusión de Internet supuxo a transformación total dos modelos tradicionais da comunicación científica e favoreceu a aparición de novos tipos de comunicación. Estes novos modelos están a incrementar a posibilidade de transferencia de dita comunicación, así como a colaboración na investigación e a diseminación de resultados.
Para rematar, a conselleira destacou o labor das publicacións científicas de ámbito autonómico.
Tras o acto de inauguración, a IV Xornada Bibliosaúde continuou coas seguintes ponencias:
Novos sistema de publicación: Cara onde imos?
Javier González de Dios - Xefe de Servizo de Pediatría en Hospital Xeral Universitario de Alacante. Co-director da Revista Evidencias en Pediatría en Asociación Española de Pediatría
Gualberto Buela Casal - Catedrático de Avaliación Psicolóxica. Universidad de Granada. Editor asociado de International Journal of Clinical Health Psychology e European Journal of Psychology Applied to Legal Context
Manuel Botana Agra - Catedrático de Dereito Mercantil. Universidade de Santiago de Compostela
Javier Muñiz García - Secretario de Instituto Universitario de CC. Da Saúde. Universidade da Coruña
Arturo González Quintela - Revista Galicia Clínica
Miguel Angel Talavera - Revista TOG Galicia