BTTT.png

Orixes                                                                                                          

 
Debemos remontarnos aos anos 80 para coñecer as orixes destas licenzas, cando o sistema operativo libre GNU foi desenvolvido dun modo colaborativo, supoñendo o inicio do movemento do software libre. É entón cando xorde a necesidade de crear un sistema de licenzas máis aberto e con maiores posibilidades, creando así o denominado "Copyleft".
 
O Copyleft supón para o autor un modo máis flexible de exercer os seus dereitos sobre a súa obra, en contraposición ao Copyright tradicional onde se reservarán todos os dereitos que determina a lei por defecto, o que pode supoñer unha barreira para difundir información en Internet (ou calquera outro medio) onde pode interesar permitir copiar, difundir, modificar ou mesmo facer un uso comercial da nosa obra ao público xeral.
 
Creative Commons
 
 
A fundación Creative Commons é unha organización sen ánimo de lucro que ofrece un sistema de licenzas Copyleft denominado así mesmo "Creative Commons" (CC). Existen diversos sistemas de licenzas Copyleft, pero Creative Commons converteuse na máis popular e estendida grazas ao seu amplo uso en Internet e ao extenso abano de opcións que ofrece aos autores.
 
A licenza CC serve para expresar os usos que permite o autor sobre a súa obra aos demais usuarios, será o autor o que decidirá sobre esas licenzas, e para utilizalas non é necesario ningún rexistro da propiedade intelectual.
 
                                               16489929341_bbb5bc483e_o.png
                                                      “CC” por MackST puede ser reutilizada bajo la licencia CC-BY-SA                                

 
 
Para comprobar a difusión destas licenzas abonda recalcar que en 2014 o número de obras publicadas baixo licenza CC ascenció a 882 millóns (en 2010 eran 400 millóns). Ademais nove millóns de sitios web utilízanas, incluíndo páxinas tan populares como a Wikipedia (34 millóns de artigos), Flickr (307 millóns de fotos) ou YouTube (10 millóns de vídeos).
 
 
Como utilizar Creative Commons?
 
Dende a web habilitada pola fundación Creative Commons podemos obter doadamente a licenza que queremos inserir na nosa obra. Responderemos (si ou non) a preguntas como " Quere permitir que se compartan adaptacións da súa obra? ", " Quere permitir usos comerciais da súa obra? ", e en función das nosas respostas, a web ofreceranos o código e a imaxe a inserir.
 
A imaxe ofrece unha descrición visual da licenza, cada un dos debuxos representa o seguinte:
 
Módulo fixo:

1.pngAtribución (BY): O recoñecemento da autoría é un dereito moral irrenunciable por parte do autor e todas as licenzas deben respectalo e aplicalo sempre.

Módulos variables:

pouihy.pngCompartir Igual (SA): permite obras derivadas baixo exactamente a mesma licenza ou unha similar
 
698486.pngNon uso Comercial (NC): prohibe que a obra sexa utilizada con fins comerciais directos ou indirectos
 
8724874888.pngNon obras Derivadas (ND): non permite modificar de forma ningunha a obra.
 

Combinando estas premisas, podemos obter finalmente seis licenzas posibles:
 
piuhiy.pngRecoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restrición.
 
RNC.pngRecoñecemento - Non Comercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.
 
RNCCI.pngRecoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a distribución das cales se debe facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.
 
RNCSOD.pngRecoñecemento - Non Comercial - Sen Obra Derivada (by-nc-nd): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.
 
RCIOUIib.pngRecoñecemento - Compartir Igual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución das cales se debe facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.
 
sinobraderivada.pngRecoñecemento - Sen Obra Derivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas.
 
Para profundizar no tema, recoméndase ler o documento "Boas prácticas para a liberación de publicacións da Xunta de Galicia", creado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia.
 
                                                                                                               56848645.png